Shopify vs. WooCommerce

O comercio funciona con plataformas, non con complementos

Cunha conversión alta, rendibilidade e a innovación de ser os primeiros no mercado, os datos levan a unha soa conclusión: Shopify lidera a carreira do comercio

WooCommerce quedoulles pequeno a miles de marcas

As marcas pásanse a Shopify, a plataforma de comercio global máis fiable para expandir a túa empresa.
  • Rudis logo
  • Thermomix logo
  • Dr. Scholl’s logo
  • Sunology logo
  • Woobles logo
  • Muscle Nation logo
  • T1tan logo

Por que Shopify

Catro motivos polos que as marcas están a cambiar

  1. 1
    Seguranza e fiabilidade

    Shopify mantén os datos seguros e ofrece un 99,9 % de tempo de actividade.

  2. 2
    Mellor TCO

    O custo total de propiedade (TCO) de Shopify é un 36 % mellor ca o de WooCommerce, de media.

  3. 3
    Usabilidade e axilidade

    Reduce a débeda técnica e permite ao teu equipo facer cambios máis rápido, con clics, sen escribir código.

  4. 4
    Máis capacidades

    As sólidas funcións integradas de Shopify e o ecosistema de aplicacións de gran fiabilidade creáronse para marcas en crecemento.

Seguranza e fiabilidade

Opera coa infraestrutura global de Shopify

Shopify proporciónache un cifrado seguro, control de acceso, copias de seguranza de datos e seguranza da rede, para que poidas centrarte no crecemento da túa marca. Con plataformas de código aberto como WooCommerce, os teus equipos asumen sós a xestión do aloxamento, o cumprimento da normativa PCI e as actualizacións de software, o cal aumenta as posibles ameazas de ciberseguranza.

33

Vulnerabilidades rexistradas en WooCommerce en 2023, o que evidencia os riscos de seguranza para as marcas

99,9 %

O tempo de actividade medio de Shopify garante que as tendas en liña estean sempre dispoñibles para os clientes.

XESTIONÁMOLO TODO

Rendemento líder no sector

No tocante a rendemento, lideramos a carreira. Shopify dá servizo a máis de 644 millóns de compradores en todo o mundo, cun rendemento de alta velocidade e sitios cunha gran conversión. Un estudo global mostra que o proceso de pagamento de Shopify supera o de WooCommerce nun 17 %. Ademais, con máis de 5500 millóns de pedidos procesados rexistrados, Shopify ofréceche solucións escalables líderes no mercado.

CUMPRIMENTO DE EXTREMO A EXTREMO

Mantén todos os teus datos a salvo

Shopify céntrase en facilitarche o cumprimento de marcos como a normativa PCI para pagos seguros, SOC 1, 2 e 3 para retallistas e GDPR para a protección de datos. En cambio, WooCommerce carece de cumprimento de PCI, SOC e GDPR integrado, o que aumenta os riscos de roubo de identidade, danos na reputación da empresa e perda de clientes, por non falar de posibles demandas, reclamacións de seguros e multas gobernamentais.

PROTECCIÓN CONTRA A FRAUDE

Protéxete contra a fraude

Shopify ofrece protección contra a fraude en varias capas e inclúe ferramentas de análise de fraude integradas que se sincronizan cos mellores servizos de detección. Con perspectivas sobre o risco dos pedidos, as devolucións de cargos e moito máis, a nosa analítica integrada permíteche tomar decisións informadas sen fendas de seguranza, co que se garante a protección de datos.

Shopify ten a velocidade do servidor máis rápida do comercio

Unha maior velocidade do sitio afecta a todo, dende os ingresos ata as operacións. Mide o rendemento do teu sitio para comprobar de que forma podería afectar ás túas vendas e como se compara co da competencia.

Obtén o teu informe personalizado
gráfico de velocidade do sitio

Mellor TCO

Mellora a túa eficiencia en Shopify

O custo total de propiedade (TCO) de Shopify é un 36 % mellor có de WooCommerce. Dende comisións de plataforma competitivas ata a sinxeleza e usabilidade da plataforma, Shopify é a opción preferida polas empresas que queren mellorar a súa eficiencia operativa.*

Un TCO un 36 % mellor en Shopify ca en WooCommerce, de media

Un TCO un 36 % mellor en Shopify ca en WooCommerce, de media

En comparación con Shopify, WooCommerce ten:

49 %

Custos de implementación e configuración máis altos, de media

32 %

Comisións da plataforma e custos da pila tecnolóxica de comercio electrónico máis altos, de media

41 %

Custos operativos máis altos, de media

DESCUBRE CUSTOS OCULTOS

WooCommerce é gratuíto (pero le a letra pequena)

Os custos da plataforma son mellores en Shopify, en xeral. Ao ser WooCommerce un complemento, só ofrece o básico de xeito predeterminado e depende moito doutros complementos para ter máis funcións. Se sumas os custos das comisións de pagamento, os complementos adicionais e o software, pagarás un 32 % máis en custos da plataforma e da pila tecnolóxica en WooCommerce ca en Shopify, de media.

OPERA SEN DEMORAS

Escolle comodidade en lugar de problemas

Os custos operativos totais de Shopify son mellores cós de WooCommerce grazas á sinxeleza da plataforma e á menor dependencia dos desenvolvedores. WooCommerce require varios complementos e moitas marcas que cambiaron a Shopify afirman que tiveron que contratar persoal interno ou subcontratar unha axencia só para que todo funcionase ben. Isto pode custarche máis cartos e retardar o teu traballo. WooCommerce ten uns custos operativos e de soporte un 41 % máis altos, de media.

IMPLEMENTA CON EFICIENCIA

Aforra na túa configuración

A implementación dun novo escaparate en Shopify é un 41 % máis rápida que en WooCommerce, de media. Isto pode deberse aos complementos e ás personalizacións adicionais necesarios para mellorar o sitio, o cal pode complicar a túa pila tecnolóxica e retardar a configuración en WooCommerce. De feito, as limitadas funcións e as integracións complexas de WooCommerce, como a necesidade de pasarelas de API, elevan os custos de configuración arredor dun 49 %, de media.

MELLOR ROI

O noso estudo de conversión dio todo

Shopify conta co mellor proceso de pagamento global e, de media, unha taxa de conversión un 17 % máis alta ca WooCommerce. Pensa nese 17 % de diferenza na taxa de conversión como cartos que estás a perder por escoller WooCommerce en lugar de Shopify.

Usabilidade e axilidade

Un só complemento non debería soster toda a túa empresa

Cunha interface fácil de usar, Shopify impulsa a axilidade, permitindo que a túa empresa se adapte e responda ás tendencias do mercado mentres medras. Os teus equipos poden xestionar o teu escaparate facilmente, mesmo se non teñen coñecementos técnicos. En cambio, WooCommerce funciona como un complemento do teu sitio de WordPress, o cal require complementos adicionais para melloralo. Non obstante, os complementos non sempre funcionan ben entre eles ao integralos en WooCommerce, o que obriga aos teus equipos a depender de desenvolvedores ata para os cambios máis pequenos.

XESTIÓN DO ADMINISTRADOR MOI DOADA

Calquera do teu equipo pode xestionar Shopify

A intuitiva interface de usuario de Shopify permite tanto aos usuarios técnicos coma aos de negocio xerar valor de xeito independente. En cambio, WooCommerce precisa a intervención de desenvolvedores para implementar e actualizar os complementos e facer cambios nos escaparates. Shopify permite funcionar cun código baixo sen que iso afecte á calidade do teu escaparate.

WORDPRESS

Shopify intégrase á perfección con WordPress

As marcas adoitan sorprenderse polas capacidades de contido de Shopify. Podes crear contido enriquecido na nosa plataforma, o que reduce a necesidade dun CMS independente. Non obstante, Shopify admite sen problemas escaparates headless de todos os tipos, incluído WordPress. Como afirma Mark Negelmann, director de Operacións de Lull: "Encaixaría a nosa identidade única nos límites da infraestrutura de Shopify? A resposta: Si", o que levou a Lull a aforrar un 25 % nos custos de software e un 10-15 % nos gastos tecnolóxicos.

AVANZA MÁIS RÁPIDO E SEN ATRASOS

Toda a axilidade e ningunha débeda técnica

Dálle ferramentas aos teus enxeñeiros para innovar ao traballar coas solucións xa creadas de Shopify. Elimina a débeda técnica e a necesidade de desenvolver a medida en WooCommerce. En Shopify, podes acelerar a innovación da empresa ao reducir o tempo adicado ás implementacións e ao mantemento.

Máis capacidades

Acada máis resultados con Shopify dende o primeiro momento

Shopify dispón dun conxunto completo das mellores capacidades de comercio, que apoiarán a túa empresa calquera que sexan os teus plans de crecemento. Funcións de Shopify como o B2B avanzado, as configuracións de produtos e as ferramentas de márketing son só algunhas das utilidades que lle ofrecemos á túa empresa, e sen a débeda técnica.

100 %

Shopify céntrase no comercio

CAPACIDADES INTEGRADAS

Todo o que precisas está nunha única plataforma

A completa solución de comercio de Shopify para DTC, B2B e Punto de venda (POS) está aquí para axudar a túa empresa a medrar en todos os aspectos. As nosas funcións integradas, como a busca semántica, a xestión de varias moedas e idiomas, as ferramentas de márketing propias e gratuítas e os modelos de datos personalizables, ofrecen un funcionamento excelente para que os teus equipos poidan centrarse máis en innovar e menos en crear dende cero.

AMPLA SELECCIÓN DE APLICACIÓNS

A vantaxe do ecosistema de confianza de Shopify

Shopify ofréceche acceso a máis de 8000 aplicacións de confianza que xa están creadas e listas para usar, de xeito que poidas ampliar as funcións que se axusten ás necesidades da túa empresa, sen ter que recorrer a un desenvolvedor. En WooCommerce, hai un control limitado sobre os complementos que se publican e pouca información sobre o seu mantemento. Shopify céntrase en asegurar que todo funcione en conxunto á perfección e se actualice de xeito sinxelo.

A IMPORTANCIA DO RECOÑECEMENTO

Confía nos líderes do comercio

Cos seus clientes en aumento, as opcións de CMS e a súa escalabilidade, Shopify está moi ben valorada como líder de comercio electrónico en informes de analistas coñecidos. Polo seu lento crecemento e unha base de clientes centrada sobre todo en empresas máis pequenas, WooCommerce non aparece en informes como IDC, Forrester ou Gartner, que se orientan á escalabilidade de marcas máis grandes. Ademais, a dependencia da empresa de WordPress limita as túas opcións de CMS, o cal lle supón unha traba ao crecemento da túa empresa.

UNHA FOLLA DE RUTA CLARA

Shopify lanza máis funcións novas ca WooCommerce

Dende 2021, Shopify publicou centos de actualizacións de produtos, dúas veces ao ano, a través de Editions, e co obxectivo de mellorar o comercio para todos. En cambio, a folla de ruta de WooCommerce é escasa. En Shopify, ofrecémosche unha plataforma de comercio que se actualiza a miúdo, é segura, optimizada e sostible, e que está deseñada para o crecemento da túa empresa.

PARTNERS DE COMERCIO ELECTRÓNICO DE CONFIANZA

É moi doado atopar especialistas en Shopify

Centos de axencias globais e partners coñecen Shopify en profundidade para ofrecerlle soporte á túa empresa. Quickfire Digital, un partner de Shopify, creou unha guía sobre o motivo de que abandonar WooCommerce para usar Shopify vai beneficiar a túa empresa en crecemento. Outro partner de Shopify, Fyresite, publicou un informe onde indican os motivos polos que xa non van implementar máis en WooCommerce.

O investimento en I+D de Shopify

Mantemos firme a nosa misión de facer que o comercio sexa mellor para todos. Shopify investiu miles de millóns en investigación e desenvolvemento (I+D) para poder ofrecerlles melloras de produto constantes aos nosos clientes.

Miles de millóns

Investimentos realizados para mellorar a plataforma de Shopify para os seus clientes

800+

Funcións e melloras engadidas a Shopify dende 2020

Validación de analistas

Os expertos escollen Shopify

2023 Leader in Gartner® Magic Quadrant™
Líderes de 2024 no Gartner® Magic Quadrant™

70 %

Cota de mercado de Shopify entre as 800 marcas DTC globais principais

83 %

Número de marcas de roupa emerxentes en Shopify, segundo 2PM
Logotipo de GARTNER® MAGIC QUADRANT™

Gartner® Magic Quadrant™

Shopify volve ser líder no Gartner® Magic Quadrant™ de 2024

En Shopify seguimos coa nosa tradición de excelencia e innovación no comercio ao acadar o recoñecemento de líderes por segundo ano consecutivo no Gartner® Magic Quadrant™ de 2024.
Ler o informe 

21 de agosto de 2023

Logotipo de 2PM

2PM

2PM indica un aumento de marcas que usan Shopify fronte a WooCommerce

O medio de noticias 2PM auditou hai pouco a tecnoloxía de máis de 60 marcas de roupa emerxentes de todo o mundo. O seu descubrimento? 55 destas marcas, ou o 83 %, atópanse en Shopify, mentres que o 3 % delas son clientes de WooCommerce.
Ler o informe 

Novembro de 2023

Logotipo de IDC

IDC

IDC afirma que Shopify "reformula o concepto de comercio empresarial"

No Enterprise Partner Summit de Shopify nos Ánxeles, IDC concluíu que a "audaz incursión no sector empresarial" de Shopify "reformula o concepto de comercio empresarial" e "desafía aos actores empresariais establecidos con capacidades de 'comercio unificado'."
Ler o informe 

4 de outubro de 2023

Logotipo de Your Basket Is Empty

VOCES DESTACADAS

Rick Watson asegura que o futuro do comercio electrónico está entre Shopify e Commercetools

No podcast Your Basket Is Empty, Rick Watson predí que Shopify será un dos actores principais do comercio electrónico de cara ao futuro.
Escoitar o episodio completo 

4 de outubro de 2023

Partners de migración

Fai a migración co meirande ecosistema de partners de comercio que existe

Queres migrar dende WooCommerce? Os Partners de Shopify poden axudar. Deixa que os nosos partners globais che faciliten o camiño cara ao teu crecemento.

10 000+

Partners de aplicacións e tecnoloxía

100+

Partners de aplicacións certificados por Shopify Plus

FAQ sobre Shopify vs WooCommerce

SHOPIFY VS. WOOCOMMERCE

Queres conseguir mellores resultados? Cámbiate a Shopify

Dende os seus maiores ingresos ata unha innovación constante, clientes e analistas coinciden en que Shopify é a mellor opción, sen lugar a dúbidas.