Ferramentas gratuítas
Xerador gratuíto de políticas de privacidade
Modelo de política de privacidade para o teu sitio web
Sabías que Shopify inclúe unha política de privacidade personalizada? Os usuarios poden facer clic aquí para revisala e engadila aos seus sitios web hoxe mesmo.
Se non usas Shopify, non te preocupes. O noso xerador gratuíto axudará a túa empresa a dar os primeiros pasos. Cubre os seguintes campos e enviarémosche un correo electrónico cun modelo de política de privacidade personalizado para o teu sitio web. Este incluirá os conceptos básicos para que o poidas personalizar segundo como teñas configurado o teu escaparate e as túas prácticas comerciais.
Obtén a túa política de privacidade e unha proba gratuíta de Shopify
O noso modelo de política de privacidade non constitúe asesoramento legal. Ao usalo, aceptas
.
Política de reembolsos
Xera confianza e dálle seguridade á túa clientela de que a súa compra vale a pena.
Política de termos de servizo
Indícalles aos teus visitantes o que teñen e non teñen permitido facer cando compran no teu sitio web.
FAQ
Unha política de privacidade é un documento legal que revela as formas en que unha empresa recompila, usa, divulga e xestiona os datos dun cliente. O seu obxectivo é informar a persoas, como os visitantes do sitio web e os clientes, sobre que tipos de información persoal recompila o teu sitio web ou aplicación móbil, como se usa e divulga, como se protexe e que dereitos pode ter unha persoa en relación coa súa información.
O xerador de políticas é unha ferramenta gratuíta que Shopify ofrece ás empresas. Isto significa que usala non ten ningún custo. Actualmente ofrecemos os seguintes xeradores de políticas:
- Política de privacidade
- Política de reembolsos
- Política de termos de servizo
Se recompilas información persoal dos visitantes do teu sitio web, é probable que por lei teñas a obriga de publicar unha política de privacidade nel (e tamén na túa aplicación móbil, de ter unha).
Máis aló dos requisitos legais, contar cunha política de privacidade clara, actualizada e de fácil acceso pode ser fundamental para fomentar a confianza e a transparencia entre ti, a túa clientela e as visitas do teu sitio web.
O xerador gratuíto de políticas de privacidade de Shopify é moi doado de usar. Para comezar:
- Escribe o teu correo electrónico e a información da túa empresa
- Agarda ata recibir o modelo personalizado na túa caixa de entrada
- Revisa e personaliza o contido da política en función de como xestiones a información persoal