FERRAMENTAS GRATUÍTAS

Crea uns termos de servizo sólidos co noso xerador

Política de termos de servizo personalizada para o teu sitio web

Para protexeres o teu sitio web, a túa empresa e a túa clientela, debes expor os teus termos de uso nunha linguaxe clara, sinxela e comprensible. O noso modelo sinxelo de termos e condicións pode xerar ao instante unha política de termos de servizo personalizada para o teu negocio.

Unha vez xerada a túa política de termos de servizo gratuíta, poderás seguir personalizándoa e facendo axustes ata que quede perfecta. Cubre o seguinte formulario para comezar.

Obtén a túa política de termos de servizo xunto cunha proba gratuíta de Shopify

Introduce a información da túa empresa

PASO 1 DE 2

Ao introducires o teu correo electrónico, aceptas recibir correos de márketing de Shopify.

Introduce a información do teu sitio web

PASO 2 DE 2

Estes modelos de exemplo non constitúen asesoramento legal e ao usalos aceptas  

Política de privacidade

As políticas de privacidade son obrigatorias por lei en moitos países e tamén son unha excelente maneira de xerar confianza na clientela.

Obter política de privacidade

Política de reembolsos

Fomenta a boa vontade e asegúralle á clientela que a súa compra paga a pena.

Obter política de reembolsos

FAQ

Unha política de termos e condicións, tamén coñecida como termos de servizo ou termos de uso, é un documento legal que se crea para protexer a empresa. Indícalle á clientela que se lle esixirá legalmente se usa o teu servizo (incluídos os sitios web e as aplicacións móbiles).

A política de termos e condicións non é obrigatoria por lei como a política de privacidade. Porén, no caso de xurdir unha disputa legal, unha política de termos e condicións pode axudarlle á empresa ante un tribunal.

Unha política de termos e condicións adoita ser unha páxina web que se enlaza desde o pé de páxina dun sitio web, xunto coa política de privacidade. O pé de páxina é un elemento de deseño constante que se ve en todas as páxinas do sitio web.

A ferramenta gratuíta de xeración de políticas de Shopify foi desenvolvida e revisada por especialistas legais. A ferramenta en si é moi doada de usar, para comezares:

  1. Introduce o teu correo electrónico e a información da empresa
  2. Agarda ata que chegue a túa política personalizada á bandexa de entrada
  3. Personaliza a túa política usando as suxestións achegadas

O xerador de políticas é unha ferramenta gratuíta que Shopify lles ofrece ás empresas. Iso significa que usala non ten ningún custo. Actualmente, ofrecemos os seguintes xeradores de políticas:

  • Política de privacidade
  • Política de reembolsos
  • Termos e condicións